Enquisa de autoavaliación.




Revisadas as enquisas de autoavaliación respondidas polo alumnado, estes foron os resultados que arroxaron: 


RESUMO CUALITATIVO:
LOGROS:
Concienciarnos tanto a los alumnos como a profesores.
Saír á rúa e tratar coa xente.
Participou moita xente.
Aprendín a valorar o que compro. Encantáronme os murais.
Conseguimos facer a persoas de diferentes xeracións máis sensibles co mundo.
Descubrimos que podemos facer pensar á xente.
Mediante esta actividade o alumnado puxo interés e divertiuse por unha boa causa.
Démonos de conta de cómo compramos.

LAGOAS:
Demasiado pouco tempo para tanta actividade.
Enquisas longas e liosas.
Algúns dos participantes deberían poñer máis interese.
Algunhas persoas non se implicaban moito co proxecto.
Algunha xente da rúa non quería saber nada.
É unha temática demasiado ampla e non chega coas horas de lectura.
Non da tempo. Traballar en equipo é moi lento.

CONCLUSIÓNS:
Unha actividade divertida e didáctica.
Aprendín que hai que consumir menos e de forma máis moderada.
“Cómprame a Igualdade” trata un tema importantísimo ao que non lle damos a suficiente relevancia.
O mundo debe mellorar.
Hai moito machismo e un consumo moi irresponsable.
Creo que deberíamos facer esto máis a miúdo para concienciarnos e concienciar.
Consumimos máis da conta.

RESUMO CUANTITATIVO:
Cuantitativamente, o proxecto obtivo unha media de 7,48 cunha moda de 7, e a avaliación persoal, unha media de 7,78 cunha moda de 8. Ampliamos datos cuantitativos no apartado "Observacións".

Entendemos que a enquisa de avaliación reflictiu bos resultados, bastante realistas e que podemos interpretar como positivos. Algunha das enquisas foi descarnadamente real mostrando o que está a ocorrer na nosa sociedade: describe o proxecto como unha perda de tempo e recursos, así como todos os proxectos e actividades realizados no centro ao longo do ano referentes á mesma temática (Campaña da Biblioteca Voces de Muller, 25N, 8M). Esta é a proba de que hai que insistir e continuar traballando duramente nos temas transversais.

Achegamos resultados cuantitativos da avaliación do alumnado:

POBOACIÓN:  46 ENQUISAS PROCESADAS REPARTIDAS ENTRE OS TRES GRUPOS PARTICIPANTES.

VALORACIÓN CUANTITATIVA DO PROXECTO:

MEDIA
MODA
INTERESE DA TEMÁTICA
8,21
10
ORGANIZACIÓN TEMPORAL
6,23
3
MATERIAIS EMPREGADOS
7,65
8
MATERIAIS PRODUCIDOS
7,84
10
MEDIA
7,48
7

VALORACIÓN CUANTITATIVA PROPIA:

MEDIA
MODA
IMPLICACIÓN NO PROXECTO
7,91
9
OPORTUNIDADE DO APRENDIDO
7,65
8
MEDIA
7,78
8


O profesorado participante está totalmente de acordo cos logros e tamén coas lagoas, principalmente coa cuestión formal da enquisa e tamén da falta de tempo.

Comentarios