Xornada de activismo na rúa: un éxito!



Estamos encantados co ben que funcionou a nosa carpa informativa que onte pola tarde instalamos na Praza Maior da nosa vila. Falamos coa xente, repartimos dípticos e flyers, pasamos enquisas, amosamos o noso vídeo, presumimos de murais... e mesmo de mascota!

A prensa informou o sábado por medio desta estupenda reportaxe do que ía suceder onte, e así axudounos a difundir o noso traballo e a colaborar coa nosa campaña sensibilizadora. Moitas grazas a Carolina Piñeiro por retratarnos tan ben.


Pica no artigo para velo completo! Non ten desperdicio!

A cartelería que pegamos pola vila tamén axudou a que a veciñanza soubera da nosa actividade.

Entre todos, montamos a carpa, que decoramos sinxela pero xeitosa.
O material que aportamos foi:
- O noso Audiovisual emitido nun portátil por se alguén non o vira.
- Murais explicativos dos conceptos que traballamos.
- Etiquetas identificativas dos participantes.
- Photocall "feito na casa" para os ratos de lecer.
- A nosa mascota: o Cerdicornio. Como elemento creativo da campaña, ao alumnado de 2ºESO ocorréuselle inventar unha mascota graciosa. O Cerdicornio e a fusión entre o etéreo e estilizado ser fantástico do corno na fronte e o porco, o mellor amigo do ser humán. O Cerdicornio é un ente sen complexos que exemplifica moi ben a nosa loita contra os esterotipos.

Achegámosvos unha mostra fotográfica da tarde de onte... Xa estamos pensando en repetir!





































Comentarios