SOMOS DE PREMIO!!! PUBLIGUALDADE, PRIMEIRO PREMIO GALICONS-NET DOS PLANS PROXECTA!!!!

 "Cómprame a Igualdade", co seu último proxecto "Publigualdade", vén de recibir o primeiro premio da modalidade Galicons-net dos Plans Proxecta, dependente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia. Estamos encantados de anunciarvos esta boa nova, nestes momentos en que máis ca nunca precisamos noticias positivas.

Aproveitade para visitar o noso produto estrela da campaña 19-20: o vídeo colaborativo en tres entregas realizado no confinamento no que se sintetiza o aprendido sobre publicidade ética libre de estereotipos, que podedes atopar neste mesmo blog.

A prensa recolle información sobre o proxecto, e nós celebramos que unha vez máis o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro aparece nos periódicos polas súas boas prácticas. 

Parabéns ao alumnado e ao profesorado participante!





Pica na imaxe e accede á reportaxe completa!





Comentarios