Cómprame a igualdade: declaración de intencións


Inauguramos este blog explicándovos a súa razón de ser e o contexto no que está inscrito.
Neste curso, no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro temos máis presente ca nunca a idea da coeducación. Sempre estivo entre os nosos temas transversais a traballar porque pensamos que é de vital importancia que a mocidade supere por fin os estereotipos de xénero que son un lastre para o seu desenvolvemento como persoas.
Por iso, dende a Biblioteca, http://bibliotecapoleiro.blogspot.com/, decidímonos este curso a lanzar a campaña de lectura Voces de Muller, na que visibiblizaremos o papel da muller tanto nas súas facetas de relevancia social como da muller anónima. Para potenciar aínda máis a campaña, decidímonos a participar no programa Galicons.net, na modalidade Consumo e Xénero dos Contratos Programa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, e este blog será o que aglutinará as nosas experiencias neste eido.
Levamos traballando dende principio de curso para poñer as bases de todo este proxecto que titulamos "Cómprame a igualdade" e hoxe comezaremos a partillar todo elo con quen nos queira ler. Adiante!




Comentarios