Cantas veces nos
deixamos levar por informacións pouco fiables, cantas veces damos crédito
a fake news ou a calquera comentario que lemos nas redes sociais...
Se queremos
tratar un tema con criterio temos que atopar fontes fidedignas que apoien ou
refuten as nosas hipóteses: é o único xeito de formarnos opinións ben
argumentadas e sólidas.
E como xa ben
sendo costume, achegámosvos unha das ferramentas que estamos a utilizar no
curso Consumo e Xénero que nos ven como
anel ao dedo para consultar certos datos e solventar certas dúbidas da man da
estatística: o INE (Instituto Nacional de Estatística) pon a nosa disposición
unha publicación que recolle indicadores relevantes na actualidade que nos
permiten analizar a situación de homes e mulleres en determinadas áreas sociais
e económicas como educación, emprego, salarios e inclusión social, saúde,
ciencia e tecnoloxía, etc.
Comentarios
Publicar un comentario