"A illa das flores": unha curta que nos dá que pensar

Un bo material de traballo é fundamental para poñer as cabezas a razoar. Neste caso, "A illa das flores" é unha ferramenta impresionante, pois nunha curtametraxe documental de 13 minutos repasamos algunhas das cuestións máis importantes da sociedade global.

Aí vos vai un "spoiler":
"Libre é o estado da persoa que ten liberdade. Liberdade é unha palabra que o soño humán alimenta, que non hai ninguén que a explique e ninguén que non a entenda".
Así remata a curta... E polo camiño pon o foco en conceptos como "lucro", "diñeiro", "lixo", "seres humáns"... Non vos dan ganas de vela XA?

Aquí vola deixamos nun padlet, no que podedes ver tamén a nosa dinámica de traballo con ela e algúns dos produtos finais.


Hecho con Padlet

Comentarios