Elaborando o noso guión

Un guión? Si, niso estamos. Coa finalidade de resumir as nosas conclusións nun formato audiovisual estamos elaborando un guión que sintetice tooodo o que traballamos ao longo do curso... e non pensedes que é doado. Traballar colaborativamente ten unha enorme complexidade, pero o alumnado de 4ºB está a conseguilo con aportacións de todos e todas (para que nos vamos enganar, uns mais e outros menos), pero todo o mundo colaborou un mínimo.

Recollendo unhas e outras ideas fomos realizando un proceso curioso de revisión e reelaboración e chegamos á conclusión de que o noso guión vai ter máis preguntas que respostas, porque o que queremos é darlle á xente que pensar, queremos activar o seu espírito crítico e que se fixen atentamente no que pasa ao seu arredor... Tamén respostas, claro está. Respostas aos bombardeos constantes cos que queremos espertar conciencias. Coas nosas conclusións máis certeiras e impepinables.

Xa coa estrutura feita, e co texto practicamente rematado, deixámosvos unha imaxe curiosa das fases polas que pasou a nosa batería de ideas, recollida da man de Andrea e Vicky, ás que agradecemos pola súa inestimable axuda e entusiasmo.


Comentarios