Hoxe, reflexionamos sobre a nosa maneira de consumir.

Partillámosvos un traballiño que fixemos fai uns meses... Partindo dunha presentación fotográfica, "Comida por semana no mundo", elaboramos en pequenos grupos uns microspots nos que cada quen sintetizou o que máis lle chamou a atención dos moitos temas dos que falamos e debatimos vendo as imaxes que retratou o fotógrafo Peter Menzel. As imaxes en cuestión consisten en posados de familias procedentes de países diversos acompañadas de toda a comida que consumen semanalmente, e inclúen o valor monetario do consumido. Están ordeadas de máis a menos gasto.

Como podedes imaxinar, reflicten moi ben o modo de vida de cada sociedade, e vamos viaxando dende os países desenvolvidos, que gastan moito, non sempre comen san e xeneran moitísimo resíduo ata países en vías de desenvolvemento onde as carencias son evidentes. Asimesmo, podemos falar dos modelos de familia, das restriccións culturais nas diversas dietas e un longo etcétera. Deixámosvos o padlet do proxecto onde tendes toda a información, a presentación fotográfica e o produto final.


Hecho con Padlet

Comentarios