Avaliando o noso proxecto: Enquisas na rúa.




Xa están procesadas as enquisas!
Referímonos ás que cubriu a xente que se achegou á nosa carpa na xornada na rúa, nun total de 110.

Os resultados arroxados non os podemos tomar como un rigoroso estudo sociolóxico, pero se achegan bastante ao que pensabamos, tendo en conta as lecturas e os materiais traballados durante o curso: a carga mental da muller continúa vixente.

A estrutura da enquisa procede do estudo "Educación para el consumo. Propuestas para un consumo no sexista y crítico", de Inés de Pedro Buesa, un material interesantísimo co que traballamos ao longo da campaña.

Como veredes na outra enquisa, a de autoavaliación, chegamos á conclusión de que o modelo de formulario que utilizamos non foi a mellor elección, porque á xente resultábanlle algúns campos equívocos, e cecáis era demasiado longa para facela na rúa.  Noutro contexto tería sido mais operativa. A consecuencia foi que algúns campos foron contestados por toda a poboación pero outros foron deixados en branco por descoñecemento ou desinterese. Pero non obstante pensamos que é un número suficiente de respostas como para facernos unha idea do panorama que nos arrodea.


Achegamos a táboa de resultados que analizaremos brevemente:

PRODUCTO/SERVICIO
DECISIÓN DE COMPRA (Quen leva a iniciativa, detectado a necesidade, buscado a información, feito a “lista”
COMPRA
(Quen foi ao mercado, tenda, e quen o pagou)
DISFRUTE

MULLER
HOME
TODOS
MULLER
HOME
TODOS
MULLER
HOME
TODOS
ALIMENTACIÓN DE DESPENSA
45
5
14
39
8
14
5

56
ALIMENTACIÓN DE PRODUTOS FRESCOS
49
1
10
43
4
10
5

54
ROUPA PROPIA
37
5
4
37
5
6
16
7
19
ROUPA PARA OUTROS
30
4
16
32
4
13
8
5
35
XOGOS, XOGUETES
26
3
12
27
2
13
10
1
31
AGASALLOS DE NADAL
29
3
21
27
4
22
7
1
45
MATERIAL ESCOLAR
34
1
12
38
5
8
10
1
35
AUTOMÓBIL
19
19
22
18
15
24
7
2
46
CASA
23
7
28
23
7
28
6
2
45
MOBLES
27
5
20
25
8
24
7
2
47
ELECTRODOMÉSTICOS
22
6
26
21
9
27
6
1
50
SERVIZOS BANCARIOS
18
11
25
18
12
25
4
1
49
OUTROS
14

18
12
4
15
4

28

A enquisa  realizouse sobre a seguinte plantilla:


PRODUCTO/SERVICIO
DECISIÓN DE COMPRA (Quen leva a iniciativa, detectado a necesidade, buscado a información, feito a “lista”
COMPRA
(Quen foi ao mercado, tenda, e quen o pagou)
DISFRUTE





ALIMENTACIÓN DE DESPENSA

ALIMENTACIÓN DE PRODUTOS FRESCOS

ROUPA PROPIA

ROUPA PARA OUTROS

XOGOS, XOGUETES

AGASALLOS DE NADAL

MATERIAL ESCOLAR

AUTOMÓBIL

CASA

MOBLES

ELECTRODOMÉSTICOS

SERVIZOS BANCARIOS

OUTROS



Así que para o seu procesado, dividimos as respostas en "Muller", "Home" e "Todos", entendendo por "Todos" cando as decisións eran conxuntas de ambos e/ou incluíndo ao resto de membros da unidade familiar.

Cuestións técnicas aparte, a lectura que podemos facer, someramente, é que, como pensabamos, a muller ou ambos son os que "deciden" e/ou "compran" na unidade familiar, sendo disfrutados os produtos por toda a familia. Son moitos menos o caso nos que o home en solitario está ao cargo da decisión ou a compra.

É moi evidente por exemplo, nos campos "alimentación" ou "material escolar" que, como mencionamos antes, o concepto de carga mental está totalmente vixente.

Unha excepción previsible, que coincide cos estereotipos que levamos analizando durante todo o curso, é no caso do automóbil, no que os homes toman máis protagonismo. De feito, o alumnado participante xa fixera esta predición.

Comentarios