"Binta y la gran idea"


Todavía nos quedan máis cousas que fomos facendo ao longo desta campaña e non vos amosaramos.
Tócanos hoxe referirnos a "Binta y la gran idea", que é unha das cinco curtametraxes que conforman a película “En el mundo a cada rato”, 2007, na que cinco directores, neste caso Javier Fesser, mostran a súa visión sobre distintas realidades que afectan á infancia e polas que UNICEF traballa en todo o mundo.


Binta é unha nena que nos conta a vida do seu poboado, en Senegal, o traballo colectivo nas terras a pesar de que son particulares, a escola, a obra de teatro que monta o mestre para contar aos veciños que as nenas deben ir á escola, a necesidade de que as nenas tamén aprendan para que non lles pase como á nai de Soda, a súa curmá, á que enganan cando vai vender a súa froita ao mercado.

Móstranse no filme a forza do teatro, a solidariedade. a vida sinxela, a creatividade de vivir co que se ten. A gran idea do pai de Binta, que ela coñece e da que é cómplice, chega por fin ás autoridades: desexa mellorar o mundo mediante a adopción dun neno branco, destetado preferiblemente, para ensinarlle a vivir nunha sociedade sustentable, solidaria, sinxela, na que non se necesiten armas para defender os seus beneficios.

O alumnado de 2ºB traballou sobre esta curta, viuna, debatiuna e sintetizou os seus pareceres nun pequeno audiovisual. Deixámosvos todos neste padlet que agardamos que vos guste.



Hecho con Padlet

Comentarios