TACHÁN TACHÁN... PRESENTÁMOSVOS "PUBLIGUALDADE"

Imaxe etiquetada para reutilización atopada en: https://www.google.com/url?sa=i&source=images&cd=&ved=2ahUKEwiKgYOix5TnAhVFQRoKHfTOC_oQjRx6BAgBEAQ&url=https%3A%2F%2Fpixabay.com%2Fes%2Fillustrations%2Fescudo-vintage-retro-publicidad-3895664%2F&psig=AOvVaw0CpeeOHZFs2AvYviMRYmpl&ust=1579691295650405



Ao fío da nosa campaña da Biblioteca en curso Voces de Muller, e continuando coa nosa satisfactoria participación no programa Consumo e Xénero de Galicons-net o curso pasado, queremos prolongar a nosa participación nos Plans Proxecta abordando a publicidade na súa perspectiva histórica dende unha focaxe de xénero.
O leitmotiv das Bibliotecas Escolares para este curso é "Biblioteca Escolar, viveiro de cidadanía", polo que pensamos que tamén entronca moi ben con esta temática.

Moitos departamentos están interesados e traballando estes temas, así que esta é a mellor ocasión para sumar esforzos e traballar interdisciplinarmente con: Linguas (Castelán e Galego, Inglés e Francés), Tecnoloxía, Plástica, Música, Economía, Filosofía, Xeografía e Historia...



O proxecto terá varias liñas: Por un lado, unha principal, na que participarán o alumnado de Galego, Debuxo artístico de 1º bach, Plástica de 4ºESO, Música de 4ºESO e Linguaxe e práctica musical de 1ºbach, na que se analizará publicidade de diversas épocas e índoles e se revisitará para elaborar produtos propios. Tentaremos abordalo tamén dende unha perspectiva técnica traballando sobre linguaxe publicitaria, grafismo e elementos visuais e elementos musicais e auditivos. Os deptos. de Tecnoloxía e Inglés colaborarán nesta liña.

Por outra banda, esta historia da publicidade se utilizará para traballar temas transversais nas horas de titoría/lectura en tódolos grupos de 2º e 3ºESO, en nas que outros departamentos aportarán tamén as súas actividades (Filosofía, Economía, etc.).


Consulta o proxecto completo na pestana superior!

E non queremos deixar pasar a oportunidade de achegarvos, xa que por fin está montado despois de tanto tempo,  o vídeo final dos actos do 25N, no que desenvolvemos toda a nosa creatividade para inventar slogans e plasmalos nas pancartas xigantes... Non se pode dicir máis claro!!!

Comentarios