Pequenos avances... en publicidade ética

Coa que está caendo estamos pendentes de outras cousas e non tanto de continuar visibilizando as desigualdades sociais e / ou a falta de ética na publicidade... Pero de vez en cando atopamos novidades e boas noticias que non hai que deixar pasar.

Algunhas voces, dentro do mundo do marketing, xa falan da publicidade como servizo social. Podería selo? Lede este artigo do blog de José Miguel Ponce, Profesor Titular de Marketing da Universidade de Alcalá, que fala de publicidade para dar a coñecer produtos pero tamén "para favorecer a excelencia humana". Sería posible?

É un blog ben interesante, no que atopamos, por exemplo, este artigo sobre publicidade ética, onde nos deixa un "Top 25" de anuncios con valores que favorecen o desenvolvemento da persoa e da sociedade.

Comentarios