A nosa biblio, e Cómprame a Igualdade, no Encontro de Bibliotecas Escolares de Galicia

Deixámosvos o vídeo do Encontro de Bibliotecas Escolares de Galicia 2020 no que a nosa encargada da biblio, Isidora Gil, fai un relatorio ben chulo sobre traballo por proxectos... cousa que por outra banda xa vén sendo habitual en xornadas de formación deste tipo, se ben neste caso o formato virtual mudou por completo a experiencia. Comprame a Igualdade, como parte importante das campañas da biblioteca dos dous últimos anos, tamén aparece referida.

En calquera caso, aí vos queda a súa intervención, que dura uns 20 minutiños e explica moi ben o traballo que facemos na biblio do IES Celanova. Que aproveite!

Comentarios