Comercio xusto, consumo responsable

Moito levamos falado este curso destes dous conceptos. Por sorte, cada vez hai máis información e máis conciencia social de todos estes termos e a súa aplicación á vida diaria. Hoxe deixámosvos esta presentación tan ben artellada que atopamos na web de Caritas Zaragoza que nos serviu fai un par de meses para contextualizar os nosos traballos sobre "Comida por semana no mundo" e sobre "A illa das flores", que xa partillamos con vós anteriormente. E como xa sabedes que este blog é tamén unha escolma dos materiais que utilizamos para traballar no día a día, non pode quedar fora este que tan útil nos foi.



Comentarios