Creando os nosos slogans!

Non é doado inventar un slogan que sexa atractivo, convincente e que cunha linguaxe inclusiva sintetice tanto como queremos dicir. Polo camiño, mentres os de 3º están elaborando un díptico informativo e os de 4º xa están a voltas co guión do vídeo, os de 2º imos aportando o noso granciño de area para que todo estea disposto a tempo cando chegue o momento de difundir os nosos traballos e lanzar ao mundo a nosa campaña de sensibilización, Cómprame a Igualdade.

Aquí vos van algunhas das ideas que foron saíndo. Algunhas máis completas ou menos, outras pouco inclusivas, algunhas mesmo de campaña política! Nestes días reuniremos moitas máis, e pouco a pouco, reformulando e traballando estes materiais destilaremos finalmente un slogan xenial, estamos seguros...

A igualdade, igual non dá.
¿Só azul o só rosa? ¿Acaso no hai máis cores?
¿No sería máis coherente non manipular aos nenos e deixalos libres?
Somos tan distintos?
E se cambiamos?
Por que el e non ela?
Todos somos libres e todos somos iguais.
Os chicos son libres e as chicas tamén, que non te enganen... porque un mundo con liberdade é moito mellor! 
Non es o distinto, es o especial!


Comentarios