Cómprame a Igualdade é o brazo activista da campaña Voces de Muller da Biblioteca do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro no que reflexionaremos sobre a relación entre o consumo e o xénero en particular e sobre a coeducación en xeral. Esta campaña comezou no curso 18-19, continuou durante o curso 19-20, cun proxecto chamado Publigualdade, sobre a publicidade dende unha perspectiva de xénero, e tentaremos continuar aportando contidos sobre estas temáticas no futuro...